sábado, 28 de noviembre de 2020

Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego

Seminario Web

Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego

Impartido por Pepe Grandal e Maite Deus, o día 27 de novembro dentro do Posgrao de Orientación Laboral, organizado por CIXUG

Logotipo oficial da Xunta de Galicia



  

1ª parte: Programas Integrados de Emprego

Para coñecer un pouco mais a Pepe Grandal, coordinador do programa integrado do Concello de Ferrol dende que comenzou a convocarse.

Pepe foi desenvolvendo cada unha das partes dun programa integrado:


Descrición do proxecto: enumeración detallada de cada acción.

Cronograma: Establece os tempos para cada unha das actividades, dende o proceso de selección dos usuarios, a sua orientación, as accións grupais, o tempo adicado a prospección, etc..

Actividades, sectores e ámbito territorial no que se pretende actuar 

Medios materiais e recursos humanos, especificando as condicións dende como é o local, os profesionais que van participar e se é necesario contratar persoal externo.

Plan de acción a levar a cabo coas persoas participantes

Experiencia da entidade solicitante nos últimos 5 anos: nas tarefas de acompañamento en inserción laboral e na mellora da ocupacionalidade dos demandantes de emprego.

Características técnicas do programa integrado: bases de datos, avaliacións das actividades realizadas...

Carácter innovador e de conciliación do programa

A posta en marcha destes programas pode ser levada a cabo polas corporacións locais e as entidades sen ánimo de lucro, co fin de lograr unha maior empregabilidade das persoas en situación de desemprego.

 

Prazo de desenvolvemento: 12 meses

Nº participantes: 100Formación, Curso De Entrenamiento

Obxectivo de inserción laboral: deberá ser, polo menos, do 35 % das persoas demandantes de emprego atendidas

Colectivos a participar: persoas desempregadas, preferentemente mulleres e pertencentes a colectivos de baixa cualificación e/ou considerados de difícil inserción.


Incluiranse actividades formativas complementarias propias de itinerarios de inserción laboral como as relacionadas co aprendizaxe e fomento de habilidades de busca de emprego, habilidades sociais ou emprendemento.


Accións do Programa


FASE 1: ACOLLIDA E INFORMACIÓN. INICIO 

-Información, orientación e asesoramento

FASE 2: ORIENTACIÓN E FORMACIÓN TRANSVERSAL

-Novas tecnoloxías ou idiomas
-Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación
-Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevistas
-Fomento da capacidade emprendedora
-Mobilidade laboral 

FASE 3: ORIENTACIÓN E DE FORMACIÓN ESPECÍFICA 

-Formación para o emprego (obtención de, polo menos, un certificado de profesionalidade)

FASE 4: PROSPECCIÓN E INTERMEDIACIÓN LABORAL 

-Prospección empresarial 
-Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes 
-Prácticas profesionais non laborais en empresas

FASE 5: INSERCIÓN


2ª parte: Prospección e intermediación laboral


Nesta presentación Mayte realizou unha aproximación ao ámbito da prospección, podendo entendela como todas as accións englobadas no proceso de informar e asesorar ás empresas da zona, detectando necesidades de emprego e sensibilizando sobre colectivos específicos en situación de búsqueda de emprego que poden resultar interesantes e se poden axustar ás necesidades da empresa.

A prospección é útil para:

👍Axustar a demanda á oferta de emprego


👍Manterse actualizados sobre os perfís profesionais demandados e posibles necesidades formativas


👍Informar ás empresas sobre programas e subvencións


👍Fomentar a inserción laboral de colectivos en situación de vulnerabilidade



Que competencias debe ter un prospector/a?  

  


 

Para saber máis dos PIES:

 🔍  Páxina do SPEG

🔍 Páxina da Xunta de Galicia

🔍 Orde do 27 de decembro de 2019


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego

Seminario Web Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego Impartido por Pepe Grandal e Maite Deus, o día 27 de novembro dentro ...