martes, 13 de octubre de 2020

Orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral


Seminario web impartido por Margot Valcarce Fernández o día 3 de outubro de 2020 sobre a perspectiva de xénero na orientación laboral



                      Igualdade de oportunidades no mercado laboral
                                          

Para comezar Margot utilizou unha presentación para poñernos en contexto sobre os contidos específicos da igualdade vinculada á orientación laboral, e a continuación expuxo un caso práctico co que traballamos por grupos. Finalmente realizouse unha posta en común das pautas básicas a seguir nunha primeira entrevista de orientación.


O contido teórico estruturouse en tres partes: breve introdución ao feminismo, a situación do emprego das mulleres e por último a acción orientadora dende a perspectiva de xénero, podéndose destacar os seguintes puntos:

  • Feminismo. Trata sobre a análise e evolución do papel da muller ao longo da historia en tódolos ámbitos e a loita das mesmas contra calquera forma de discriminación, tendo en conta conceptos clave:
    • Introdución diferencia entre integración e inclusión
    • Historia/orixe movementos feministas: 4 ondas
    • Diferencia entre feminismo, machismo e hembrismo
    • Distinción de sexo e xénero

  • Emprego e muller: Intenta explicar a situación da muller no ámbito laboral e os principais retos e tabús que se encontra unha muller para poder alcanzar un posto en igualdade de condicións que os homes.  
    • Tipos de discriminación laboral: directa, indirecta, vertical ou horizontal
    • Perspectiva de xénero: son as relacións de poder que se constituiron social e históricamente nas que se favoreceu o sexo masculino discriminando o feminino.  Emprego vs traballo
    • Conceptos: Mitos, prexuizos e sesgos no emprego das mulleres. 
    • Tipos e factores de discriminación por razón de xénero: o Consello de Xuventude de España estableceu 5 indicadores representativos da discriminación por xénero: reparto do traballo e responsabilidades, as tasas de paro, a segregación do mercado de traballo, as diferencias salariais e a representación política. 


  • Acción orientadora: Principais conceptos que se van empregar na labor de orientación e como debe realizarse nunha primeira toma de contacto cun demandante de emprego, centrándonos sobre todo en coñecer a persoa principalmente, a súa situación real na que se encontra e ver os obxectivos que ten premarcados nun mercado laboral acorde co seu perfil.
    • Concepto de orientación: empregabilidade (aptitudes e actitudes persoais que nos permiten acceder a un emprego), dispoñibilidade (condicións persoais que contribuen á incorporación no mundo laboral) e identidade profesional.
    • Actitudes da/do profesional de orientación: favorecer a igualdade de oportunidades entre os sexos fomentando a incorporación a postos de traballo que tradicionalmente se asimilan mais a un dos sexos (mulleres taxistas, homes educadores en escolas infantís).
    • Proceso/fases orientación individualizada: proceso dinámico que se debe adaptar a cada persoa.


  Conciliación laboral 


 
O suposto práctico baseouse no caso de María Adela, unha muller da República Dominicana que estaba a buscar emprego en España. Partindo da información concreta que se tiña dela, elaborando unha primeira entrevista de diagnóstico coa intención de coñecer a súa situación persoal e laboral, servindo de base para deseñar o itinerario personalizado de inserción a realizar posteriormente, así como a estrutura das futuras entrevistas.




Nesta tarefa tívose en conta a perspectiva de xénero e chegouse á conclusión de que non é necesario preguntar todo na primeira entrevista, senón que o fundamental é coñecer á persoa usuaria, as súas motivacións, necesidades e expectativas, conseguindo establecer unha conversación horizontal. 

 


Para saber máis:

👉 Empregabilidade


👉 As catro ondas do feminismo na historia



Para rematar, aquí tedes unha mostra dos chíos relevantes da sesión. Foron recompilados pola nosa compañeira Raquel Meizoso empregando a ferramenta Wakelet  👀












No hay comentarios:

Publicar un comentario

Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego

Seminario Web Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego Impartido por Pepe Grandal e Maite Deus, o día 27 de novembro dentro ...