Boas compañeiros e compañeiras,
son Cris Camba de Vilalba, pero tamén con raíces da provincia de Ourense. Estudiei o ciclo superior de Integración Social e despois realicei a diplomatura de Educación Social.
Esta son eu:
| Cris Camba |
Despois de compaxinar estudos e diversos traballos, nos últimos anos a miña experiencia laboral está vinculada aos Programas Integrados de Emprego como Técnica de inserción laboral.
A oportunidade de realizar o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral Edición 2020 a través da CIXUG, supón poder afondar no mundo da orientación laboral e así ofrecer unha eficaz e mellor práctica profesional. En resumo, estar ao día nos novos recursos, mellorar competencias e poder medrar profesionalmente.
Comparto con vos esta canción alegre, que ten moito ritmo e pode ser unha boa ferramenta para incrementar o positivismo 😉
No hay comentarios:
Publicar un comentario