Educación Social e Orientación Laboral
A Orientación Laboral desde a perspectiva da Educación Social
Os primeiros pasos
O acompañamento no proceso de búsqueda de emprego é fundamental á hora de establecer unha atención personalizada e de apoio. Como educadoras e orientadoras laborais, agora contamos con diferentes recursos e podemos realizar unha atención integral empregando diferentes ferramentas. Un dos primeiros pasos a realizar coas persoas usuarias é o autocoñecemento.
A intermediación laboral
Partimos do coñecemento do contexto e dos axentes implicados. A técnica DAFO é unha ferramenta moi útil á hora de establecer as oportunidades, debilidades, fortalezas e amenazas que se poden dar debido aos factores internos das persoas usuarias e do contexto.
Ao realizar a nosa intermediación con empresas, a nosa labor tamén é a de intentar desmitificar os estereotipos e prexuizos existentes coa comunidade xitana. É preciso a colaboración dos axentes implicados nos procesos de orientación e futura contratación e ser conscientes dos prexuicios e do racismo aínda existente que dificultan a inserción laboral das persoas xitanas. Como Orientadoras e Educadoras Sociais debemos levar a cabo accións de mediación axeitadas que intenten reducir e eliminar estas prácticas discriminatorias.
Igualmente, desde a Administración debe haber unha implicación que sexa consciente da realidade que afecta a este colectivo e implementar accións positivas dirixidas a reducir as prácticas discriminatorias que afectan a grupos históricamente excluídos, como por exemplo, as medidas de acción positiva que promoven a igualdade entre mulleres e homes e a inserción das persoas con discapacidade.
A Orientación Laboral desde o enfoque da Educación Social permítenos realizar unha práctica profesional integral que facilite un proceso de autocoñecemento das persoas implicadas, un análise da realidade e dos contextos nos que nos desenvolvemos, así como unha mellora da formación e das experiencias profesionais. Acadar un posto laboral mellora as condicións de vida. Sentirse realizada como profesional e como persona mellora os aspectos internos persoais relacionados coa autoestima e co autoconcepto, facilita unha apertura e una ampliación das redes sociais e en definitiva, enriquece a calidade de vida.
A Orientación Laboral e a Educación Social enriquécense e compleméntanse entre sí, tanto na teoría como na práctica, e permiten realizar accións desde una perspectiva integral que favorezan unha mellora da calidade de vida das persoas.
Achégovos uns links para máis información da comunidade xitana:
Breve historia da comunidade xitana en España
Plataforma Khetane: Movimiento Asociativo Gitano del Estado Español
¡Opre, Romá!


No hay comentarios:
Publicar un comentario