sábado, 31 de octubre de 2020

Reclutamento, empatía e video de presentación en tempos de pandemia

 

Como tod@s sabemos coa chegada da COVID-19 prodúcese unha revolución a tódolos niveis xerándose, entre outros, cambios: na forma de comprar, no xeito de dar clases, na forma de socializar e….como non podía ser menos, na forma de reclutar.

Esta situación de pandemia fíxonos “vivir ese novo papel”, no que de xeito repentino tivemos que asumir que as “tecnoloxías veñen para quedarse e formar parte das nosas vidas” na maioría das cousas que queremos facer.

Tal e como sucedeu noutras áreas, a miña labor como orientadora tamén se tivo que someter ó entorno cambiante e, como non podía ser doutra forma, houbo que adaptarse...e así foi como puiden entender que o  persoal xa non era tan persoal ó desaparecer o contacto e que as limitacións no posto de traballo emerxían como se dun Tsunami se tratase.

Problemas que  apareceron durante o estado de alarma foron, por exemplo, como levar a cabo as actividades individuais e colectivas que se requiren por parte da Administración no programa no que traballo, como asumir que a brecha dixital está máis candente que nunca, como axudarlle ás persoas na busca de emprego durante un estado de alarma no que non hai emprego, como motivar á xente derruida pola incertidume e como tratar de facerlle entender @s usuari@s que demasiada información leva a infoxicación.Todo eso, sí…ademáis do que tiñas que facer antes do estado de alarma.

Evidentemente houbo que xerar cambio, un cambio ó que non estábamos acostumados e que dende a perspectiva dos usuari@s lles resultou, en algúns casos, demasiado repentino.

Estamos a falar dunha nova era da civilización na que a meirande parte de nós non estamos acostumos a evolucionar tan rápido, así que tivemos que avanzar lentamente para chegar ó obxetivo máis importante: “que as persoas continuaran véndonos como un punto de referencia e un apoio nunha situación sen precedentes”.

Como fixemos isto, pois moi ben, comecemos. O primeiro que fixemos foi poñernos en contacto con tódol@s desemplead@s que formaban parte do programa para decirlles que estábamos presentes aunque físicamente ausentes e que a nosa función se ía a seguir desempeñando da forma habitual coa única diferenza de que o que ían a cambiar eran os medios a usar. Na miña vida pensei que ía a ser unha muller pegada a un teléfono e a un equipo informático, pero así tivo que ser. Entón, se tivera que dicirvos en que cambiou o meu traballo durante a pandemia diríavos dúas cousas: cambiaron os recursos para alcanzar os obxetivos e as formas de relacionarse. Quizáis a parte que máis complicada me pareceu foi a da prospección empresarial, pois recoñezo que é difícil facer as prospeccións de xeito tan impersoal, porque como xa se falou neste Posgrao “a linguaxe corporal” sí importa, e moito.

Bueno, os detalles de cómo continuamos facendo o traballo dende o noso departamento permitiríame non facer un bloggue, se non publicar un libro, entón se alguén quere saber como se levou a cabo que mo pregunte persoalmente, xa que neste bloggue o que quero tratar, despois de todo o speech que acabo de lanzar, é de como cambiaron as formas de reclutamento de persoal durante a vixente pandemia.

Pois ben, unha das cousas que máis nos sorprendeu foi que, ademáis de que as empresas comezaron a realizar “tódalas entrevistas de forma virtual”(lóxico) con ferramentas informáticas como WhatsApp, Skype, Zoom Meeting, etc, algunas delas foron máis alá e impuxeron un requisito previo á realización da entrevista “a elaboración dun video de presentación de 1 minuto”. Obviamente este requerimento do que estou a falar xa o había antes desta crise, pero o que realmente cambiou é que este video antes só se solicitaba para postos de traballo cualificados ou moi cualificados pero agora, prácticamente comeza a solicitarse para calquera posto, sobre todo se nos referíamos ás áreas de atención ó cliente, ventas, administrativ@s e en algúns casos, incluso para operari@s. Deste xeito, como orientador@s aparecía un novo problema “como ensinarlle ás persoas a facer un vídeo de presentación dun minuto nun momento de pandemia e sen poder facelo de xeito presencial”. Pois claro está que con moita empatía e paciencia.



O primeiro que fixemos foi un esquema de qué puntos se deberían tratar neste video.

O segundo foi poñernos en contacto coas empresas que requerían esos videos para ver se ese guión elaborado polo noso departamento cumpría co que eles esixían.

O terceiro, e a parte máis difícil, foi poñernos en contacto cos usuari@s para decirlles que tiñan que preparar ese video, e como debían facelo. Moit@s deles quedaron estupefactos ó ver o que lles estábamos a indicar, xa que non entendían esta forma de “facer un cribado de candidatos”; outr@s, tiñan “medo á cámara” e creían que deste xeito non ían a pasar o filtro e que non serían seleccionados; e a algún/ha ata lle costaba entender para que servía esa ferramenta, pois non eran capaz de encaixar a situación. En definitiva, “a meirande parte deles non sabía nin como empezar esta tarefa” . Como solventamos todos estos problemas? Coma sempre, “volvendo as tecnoloxías”. Algo importante que descubrimos durante a pandemia é que casi todo o mundo ten un Smartphone e que a maioría deles non saben escribir un mail, pero sen embargo casi todos saben facer unha video chamada por WhatsApp, e iso teño que decir, que foi de moita axuda para levar a cabo esta tarefa.

Pois ben, aquí vos deixo unha “infografía sobre dito vídeo de presentación”. Sei que queredes saber máis pero, se vos digo todo, perderedes a motivación para seguir lendo o meu Bloggue e, tal e como dixo @carpaga, “moita información podería levarvos a infoxicación”.

OLLO: un video de presentación non é o mesmo que un video currícullum.


Por aquí abaixo tamén vos deixo un video que podería ser do voso interese:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego

Seminario Web Programas Integrados de Emprego e Prospección de Emprego Impartido por Pepe Grandal e Maite Deus, o día 27 de novembro dentro ...